domingo, 24 de abril de 2016

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político.
Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedícaselle o Día das Letras Galegas de 2016.
Manuel María, fillo de dous labregos acomodados, Antonio Fernández Núñez, que foi alcalde de Outeiro de Rei, e Pastora Teixeiro Casanova, da parroquia de San Mamede dos Anxos (Lugo). Estudou as primeiras letras na súa vila co mestre Domingo Cabana e en Rábade con Bautista Núñez Varela, quen o iniciou na literatura galega da man das antoloxías de Uxío Carré Aldao e Álvaro das Casas. Completou as súas lecturas iniciais cos libros do seu pai e do seu tío, o sacerdote Xosé Fernández, párroco de San Froilán. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato nos Maristas, grazas a que o seu tío se fixo cargo dos custos. Alí foi alumno de Lázaro Montero. Nos veráns ía en xullo co crego até Cespón (Boiro) para axudalo como sancristán, e alí coñeceu as irmás de Castelao. O mes de agosto pasábao na casa familiar, onde coñeceu o xornaleiro Manuel de Paderna que lle aprendeu a compoñer versos.

Resultado de imagen de galipedia manuel maria

martes, 12 de abril de 2016

Joan Miró

Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920. Dende a súa estadía en París, a súa obra vólvese máis onírica, coincidindo cos puntos do surrealismo e incorporándose a este movemento. En numerosas entrevistas e escritos que datan da década de 1930, Miró manifestou o seu desexo de abandonar os métodos convencionais de pintura, nas súas propias palabras de "matalos, asasinalos ou violalos", para poder favorecer unha forma de expresión que fose contemporánea, e non querer dobregarse ás súas esixencias e á súa estética nin sequera cos seus compromisos cara aos surrealistas.
Un dos seus grandes proxectos foi a creación en 1975, da Fundación Joan Miró, situada en Barcelona, centro cultural e artístico para difundir as novas tendencias da arte contemporánea, constituíndose cun gran fondo de obras doadas polo autor; outros lugares con importantes fondos das súas obras son a Fundación Piar i Joan Miró de Palma de Mallorca

Resultado de imagen de joan miro

Van Gogh


Bos días amiguiños, oxe vou falarvos dun pintor chámado Van Gogh.

Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán menor Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente. A grande amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que intercambiaron desde agosto de 1872; das 800 cartas conservadas do pintor, unhas 650 están dirixidas a Theo e as outras a amigos e familiares.[3]

Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local. En 1885 pintou a súa primeira grande obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arlés en 1888. Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura. Tivo unha grande influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns.[4] A súa arte foi seguida por Derain, Vlaminck e Van Dongen.
Resultado de imagen de van gogh

luns, 4 de abril de 2016

A PINTURA NA IDADE MODERNA

Bos días, oxe vou falarvos da pintura na idade moderna, a idade moderna situases antes da idade contemporánea e despois da idade media.
Empezou co descubrimiento de América e finalizou coa revolución francesa.
Agora vos vou a ensinar uns exemplos de pintura nesa época, este se fixo a principios da idade, este tipo de pintura e de estilo barroco

                                             Pintura del arte Barroco  

O barroco caracterízase pola acomulación e exceso de elementos e detalles.
O primeiro e o barroco luxoso, cortesán e teatral, o segundo e o da vida real, e decir, que representa algo que xa pasou ou que e algo normal coma un paisaxe ou tamén unha persoa curando a outra como nesta imaxe, bueno mellor dito lle esta mirando una ferida.